Thursday 02 de May de 2024

A praia do Matadoiro pechará mañá de 11.00 a 17.00 horas para a hixienización e mantemento da area


Estes traballos estanse levando a cabo en todas as praias municipais con bandeira azul, para que estean en perfecto estado para o desfrute da cidadanía

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade informa de que a praia do Matadoiro permanecerá pechada mañá desde as 11.00 até as 17.00 h para a realización labores de hixienización e achaiamento da area. Estes traballos estanse levando a cabo en todas as praias municipais con bandeira azul, co fin de poñelas en perfecto estado para o desfrute da veciñanza.

A Coruña conta con cinco praias que posúen este distintivo outorgado pola Fundación Europea de Educación Ambiental: Riazor, Orzán-Matadoiro, Santo Amaro, As Lapas e Oza.